Servizo de antención continua a
persoas maiores e dependentes.
Fundado no 1998, hoxe, Fogar Residencial Porto Avieira conta cunhas acolledoras instalacións dotadas das últimas tecnoloxías e tódalas medidas de hixiene, para o coidado integral dos nosos usuarios. Dispoñemos de 24 prazas e dun experto e cualificado equipo humano que hoxe, máis ca nunca, é garante de seguridade, arroupo e confianza.
- Instalacións acolledoras
- Últimas tecnoloxías en coidados
- Medidas estrictas de hixiene
- 24 prazas
- Cualificado equipo humano
Porque o Centro Porto Avieira somos moito máis ca unha residencia, somos unha gran familia. Unha forma de traballar que ten os seus piares no apoio, na atención e no agarimo.
O noso Fogar ten sempre as portas abertas. Non temos horarios de visitapreestablecidos e a familia pode vir de visita en calquera momento e sen previo aviso.
Loxicamente, durante a pandemia da Covid-19 estas condicións veránse afectadas e deberemos acollernos á lexislación vixente.
- Terapias personalizadas
- Información continua
- Protocolo estrito Covid-19
- Sen horarios de visita
- Centro aberto