No Fogar Residencial Porto Avieira ofrecemos ás/ós nos@s usuari@s un coidado integral: fisioterapia, podoloxía, perruqueiría, coidados auxiliares, aseo, manutención, nutricionista… E sobre todo a nosa mellor ferramenta de traballo: unha terapia ocupacional personalizada e de calidade. Unha comprida oferta de servizos disponibles as 24h, para que aos teus seres queridos non lles falte de nada. Ademais, a diferencia de moitos outros centros, en Porto Avieira acompañamentos ás consultas do hospital ás/ós nos@s usuari@s e ao servizo de Urxencias. Deste xeito garantimos a transmisión de información: usuario > médico especialista > familia > coidadores/as do centro.
Este compromiso do equipo da Residencia e Centro de Día Porto Avieira é posible grazas a unha política de persoal fixo, que lles permite ás/ós usuari@s manter as súas figuras de apego. Porque entendemos o noso Fogar como unha gran familia na que é importante a harmonía: coidamos as/os nos@s usuari@s pero tamén o noso equipo humano. As emocións son a base sobre a que traballamos.
No Fogar Residencial Porto Avieira levamos mais de 23 anos tecendo unha sólida rede de afectos. E isto é o que nos fai diferentes, o que fai que vós, os familiares, fiquedes tranquilos ao deixar nas nosas mans o voso ser querido.
Levamos 20 anos causando unha boa primeira impresión e loitando por demostrar, cada día, que esa primeira impresión é fiel á realidade cotiá do noso centro, da nosa casa.
Servizos incluidos na tarifa
TERAPIA OCUPACIONAL E ANIMACIÓN
Recuperación cognitiva e funcional (8 horas/día).
aloxamento
Dietas personalizadas, lavandeiría, coidado persoal.
FISIOTERAPIA
2 horas/semana.
PERRUQUERIA
Básica mensual (incluídos tintes)
MANICURA E PEDICURA
Medios propios.
APORTACIÓN FARMACEUTICA
Só para pacientes do SERGAS.
REMARCADO DE ROUPA E ARRANXOS DE ROUPA BÁSICOS
teléfono de uso público
utensilios básicos de aseo persoal
Por que somos diferentes?
No Fogar Residencial Porto Avieira estamos comprometidos co afecto e o coidado integral. Por iso, na nosa tarifa, incluímos os servizos de:
Acompañamento a CONSULTAS Hospitalarías (2 citas/semestre)
Acompañamento a URXENCIAS 1,30h cada vez que sexa necesario
Acompañamento en INGRESO hopitalario 96 horas/ano.
Os acompañamentos serán realizados por personal propio do centro.