Introduce as túas palabras

Centro de día

O Centro de Día Porto Avieira ofrece actividades diarias de rehabilitación cognitiva e estimulación física nunha aposta pola vellez activa e saudable.

A clave reside nun método baseado na valoración, a prevención, a atención continua e o coidado integral. Un método que conta cunha ferramenta moi eficaz: a terapia ocupacional.

Coa terapia ocupacional atrasamos o envellecemento e melloramos a calidade de vida d@s nos@s maiores.

Unha terapeuta ocupacional titulada pasa 8 horas diarias c@s usuari@s, tres horas pola mañá e cinco horas pola tarde (de 10 a 20hs). Cada día as instalacións do centro énchense de actividade: rehabilitación física menor, rehabilitación cognitiva, apoio nas actividades da vida diaria, xogos de memoria, manualidades, animación sociocultural… O noso ratio reducido (cun máximo de 12 prazas), permítelle á nosa terapeuta brindar unha atención constante e individualizada a cada usuari@ e acompañal@ no seu progreso.

Ofrecemos un servizo de transporte para a recollida e regreso d@s usuari@s aos seus domicilios.

Tratamentos

  • PROGRAMA DE ENTRENAMENTO DE HABILIDADES COGNITIVAS

    Memoria, linguaxe, escritura, funcións executivas, gnosias, cálculo.

  • Programa de adestramento de habilidades psicomotrices

    Actividades manipulativas, coordinación motora grosa e fina, coordinación bimanual, coordinación óculo-manual, cruce de liña media.

  • PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN SENSITIVO-MOTRIZ

    Tacto, propiocepción, discriminación de texturas, de obxectos, de temperatura.

  • programa de intervención a nivel psicosocial

    Comunicación, actividades grupais, intereses comúns​.

  • TERAPIA FUNCIONAL

    Recuperación de movemento e. forza

  • TERAPIA LÚDICA E CREATIVA

  • TERAPIA PSICOMOTRIZ

  • Musicoterapia

  • TERAPIA DE REMOTIVACIÓN

  • TERAPIA DE RESOCIALIZACIÓN